Lista de candidatos a planeta anano

A día de hoxe,[cando?] a Unión Astronómica Internacional clasificou 5 obxectos coma planetas ananos: Ceres, Plutón, Eris, Haumea, e Makemake, pero pensase que varias decenas máis de obxectos poderían entrar nesta categoría. A cualidade que cualifica ós planetas ananos coma tales, é que "teñan suficiente masa para que súa propia gravidade sexa o suficientemente grande coma para vence-la súa propia rixidez de corpo sólido, asumindo así un equilibrio hidrostático cunha forma cuasi-esférica".[1][2][3] Este planetas ananos quedan máis aló da órbita de Neptuno son chamados Plutoides, en referencia a Plutón. Excepto no caso de Plutón e Ceres, as observacións directas foron insuficientes para outorgarlles esta clasificación. Pero baseándose nos coñecementos actuais sobre a relaxación gravitacional dos corpo de xeo a formas esféricas, hai na actualidade 73 candidatos potenciais a planetas ananos entre a poboación de corpos trans-neptunianos (TNOs).[4] Estimase que poden existir uns 200 planetas ananos no cinto de Kuiper e máis de 2 000 nas rexións exteriores do Sistema Solar.[4] O primeiro obxectos trans-neptuniano descuberto despois de Plutón e que sexa un firme candidato a planeta anano é (15874) 1996 TL66, ó cal o Telescopio Espacial Spitzer estimoulle un diámetro duns 575 km.[5]

  1. "IAU 2006 General Assembly: Result of the IAU Resolution votes". International Astronomical Union. 2006. Arquivado dende o orixinal o 05-02-2008. Consultado o 26-01-2008. 
  2. NASA (ed.). "Dwarf Planets". Arquivado dende o orixinal o 04-07-2012. Consultado o 22-01-2008. 
  3. "Plutoid chosen as name for Solar System objects like Pluto". Arquivado dende o orixinal o 02 de xullo de 2011. Consultado o 24 de xullo de 2011. 
  4. 4,0 4,1 Mike Brown. "The Dwarf Planets". Consultado o 20-01-2008. 
  5. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome Spitzer

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne